
Formación anual
Contamos cun primeiro curso que se extende de outubro a maio e impártense en aulas grupais. Recibe o nome de Óptica 0.
Contades con dúas opcións: podedes asistir a unha soa sesión ou a dúas, en función das vosas necesidades.
Prezos e horarios:
Ademais, temos a disposición unha formación elemental en fotografía. Aínda que consta de 3 niveis, a través dunha proba de acceso poderás ingresar naquel mais axeitado para ti.
-
Reflexión. Destinado aos principiantes. Coñecerás a cámara como tal, teoría da imaxe e composición.
-
Absorción. Cun nivel intermedio, aprenderás a narrativa detrás da fotografía, buscar e identificar referencias artísticas e porás en práctica o aprendido.
-
Refracción. De dificultade de experto. A través de titorías individuais desenvolverás un proxecto de fotografía profesional.
Se te queres apuntar a algún dos nosos cursos, non dubides en vir polo local, mandarnos un correo electrónico ou chamar ao noso número de teléfono! Atoparás esta información na pestana "Sobre nós".
Formación puntual:
Paulatinamente iremos traéndovos diferentes monográficos, nos que un porfesional do mundo da fotografía vos contará a súa experiencia e poderedes facerlle as vosas preguntas.
O primeiro estará protagonizado por Mauro Herce. "Fotografía e paisaxe" chega a Refracción como estrea deste apartado da nosa formación. Será un cursiño de fin de semana, cun prezo de 75€. Queda a data por confirmar, polo que estade atentos tanto en redes como aquí para coñecer as novidades.
Tamén organizaremos xornadas de convivencia e campamentos fotográficos, así como saídas para fotografar por Compostela. Estade atentos á web, iremos actualizando a información sobre isto último proximamente!